Vistas de página en total

17 may 2013

Sou defensora dos "rojos" . E ti?

     Algúns de vós, vos credes moi valentes. Coma se poderades con todo. Pensades que sodes capaces de enfrentarvos ante os demais, ante calquera situación. Pero seguramente moitimos dos que vivides agora, nestes tempos, non estades ao tanto da situación na que vos atopades. Nin sabedes de onde deriva. Moitos de vos sodes unha panda de ignorantes que non se preocupan pola situación do país, que ainda que non crean que lles incumbe a política, non creen que sexa moito máis ca iso. O mais importante para calquera individuo é defensa dos seus propios ideais. E o que non os teña, non é ninguén digno de dicir que é valente. Ser valente é defender as túas ideas por enriba de calqueiras outras. 
Na actualidade é relativamente doado dicir que alguén é valente. A valentía é un sentimento, que os que coñecen o que está a suceder e os que cremos firmemente nun ideal, sabemos que nos iriamos sentir de igual maneira ao vivir agora ou vivir no pasado. Sin embargo, quizais non tedes claro o que significa ter medo. Non é iso que sentes ao ver un filme de terror. É moito mas complicado de entender para a xente que ignora o mundo no que vive. De todas maneras, antes, o difícil era non ter medo das situacións. Pero durante a Guerra Civil ou na dictadura non todos seriades valentes. Moitos republicanos ou liberais estaban en contra do réxime establecido. Isos eran os valentes. Os que, ainda tendo medo, eran capaces de enfrontarse cara a Falange, aos franquistas ou á Guarda Civil. Moitos defenderon os seus liberais ata que a súa cabeza foi atravesada por unha bala de fusil.  



Aquí, pódedes ver fragmentos de películas que considero importantes. A parte de que son algunhas das miñas favoritas sobre a Guerra Civil.






Lapis do carpinteiro, dirixida por Antón Reixa no 2003, baseada na novela de Manuel Rivas no 1998.




Non sei vós, pero ao ver isto, eu teño un gran sentimento de orgullo hacia os republicanos por defender os seus ideias, por non deixar que eles, os franquistas, diciran barbaridades tales coma que a República é o pecado da historia, asi coma as utopías sociales e as revolucións.
Os franquistas gritaban:
España! Una!
España! Grande! ...
pero os detidos loitaban por unha:
España! LIBRE !







Las 13 rosas, dirixida por Emilio Martínez Lázaro no 2007.




Esta filme amosa a vida dalgunhas mulleres con ideas republicanas que son detidas e mandadas ao cárcere.
Podemos ver a dureza coa cal as intitucións militares ou o exército franquista tratou ao bando republicano.
Sen ningún tipo de remordimento, fusilabanos. Soamente por ter ideas opostas.
Mataban a todo aquel que non fora dos seus.
Caénseme as bágoas, ao ver a estas mulleres republicanas sufrindo porque van ser fusiladas.
Elas, conscientes de que van morrer, se collen das máns, mortas de medo. Porque é ese o medo verdadeiro. Eses segundos finais de vida, cando te decatas de que nunca máis volverás sentir nada. O momento no cal te imaxinas unha gran dor, que nin siquiera es capaza de imaxinar ata que a sintes, no momento final. Cando esa dor invade o teu corpo, pode que xa estés morto ou que o teu sangue se esté derramando a borbotóns.
Cal é o derradeiro pensamento que pasa pola túa mente, cando o fusil atravesa a túa vida?
Parece que os soldados non se decatan disto, non o pensan, non son conscientes do valor da vida de calqueira persoa? Sexa do bando que sexa. Pois non, eles foron creador por e para disparar. Son auténticas máquinas de matar, impasibles ao sucedido.







                         El laberinto del Fauno, dirixida por Guillermo del Toro en 2011.



Neste fragmento da película pódese ver como o marido da nai da nena, o mandamáis dos franquistas, fusila á nena. Tamén asasinou a xente inocente, cunha botella de viño a golpes contra a cara, ata deixalos sen vida.
Estos casos da e inxustixa que aconteceron no noso país, casos de tristeza amargura...
Por outro lado, os "rojos" ou os republicanos, que escaparon polos montes, acontecenmento coñecido por: " Maquis", asasinan ao final da película, ao cabezilla franquista.








A lingua das bolboretas dirixida por José Luis Cuerda en 1999.



Conmóveneme as escenas onde os "roxos " e os "ateos" son detidos para levalos a morrer.
Os pais do alumno do profesor detido, protagonizado por Fernano Fernán Gómez, eran de esquerdas.
Pero se vian baixo a ameaza do pai dun compañeiro do seu fillo, xa que tachaba á familia de republicanos.
Polo que cando o profesor detido, sae á rúa, vénse obrigados a gritarlle:
" Asesino, anarquista, cabrón, hijo de puta"
O neo lle grita: " Ateo, rojo"
O neno escapa detrás do coche, e tiralle pedras ao seu maestro, ao que lle tiña cariño, e coma se fose un insulto lle di: " Espiritrompa", palabra que o preofesor ensinara ao Moncho, que significa: lingua das bolboretas.




As inxustizas reinaron na España dos anos 30 e 40. 
Pero que pensades dos republicanos e dos franquistas?
Como os franquistas levan a cabo tales brutalidades contra os republicanos?
Simplemente, a Guardia Civil da época e o réxime franquista, foron os primeiros en arrebater contra aqueles que non compartisen esas ideas ou que non foran fieis seguidores de Franco.
Quenes amaban a liberdade, eran republicanos, e para eles, eso tiña como consecuencia: a morte.
Cantos pelotones de fusilamentos habería durante todos eses anos? Cantos homes inocentes morreron fusilados por os framquistas? Cantos!?
Cantas vidas, que tiñan tanto que ensinar, amosar aos seus fillos e netos, chegaron ao seu fin, de súpeto?
Se alguén quere rebatir o seu punto de vista, oposto ao meu, que o rebata aqui no blog.
Porque eu, de verdade, que NON O ENTENDO.









No hay comentarios:

Publicar un comentario