Vistas de página en total

18 may 2013

Ante todo, a liberdade.

Memoria histórica sobre os fusilados.

Acaban coa túa liberdade, e tamén coa túa propia vida.



Eiquí, unha historia que lles queda moi preto a uns parentes meus.
Recopilei información de diferentes fontes e aqui vos amoso outra historia inxusta protagonizada durante a Guerra Civil.


Despois de setenta e cinco anos, se atopan os restos do bisavó dos meus primos, chamado Manuel Varela González, o cal foi concelleiro de Vilarmaior. Pincha aquí para ver a xeolocalización de Vilarmaior.
El sabia que o ian matar, polo que fuxiu da casa. 
Sin embargo, un día regresou para celebrar o cumpleaños da súa filla que tiña uns 4 ou 5 anos nese momento. E ao mencer, a Guarda Civil e a Falange o estaban esperando fora da casa.
Cando se decatou do que estaba a pasar, intentou escapar por unha fiestra, pero os falanxistas e a Guardia Civil pegáronlle dous tiros, diante da propia filla.
O sucedido aconteceu no ano 1936, e despois de todo este tempo, no ano 2011 aparece nun xornal a petición, dunha veciña de Vilarmaior, Olimpia Varela, a cal quixo recuperar, aos seus 91 anos, os restos do seu tío: Manuel Varela González, secretario dunha confederación agraria, morto o 11 de setembro de 1936.
No ano 2011 aparece no xornal-web: Galiciahoxe.com , a noticia da excavación realizada no cemiterio: "O Grandal" de Vilarmaior, onde se atoparon os seus restos mortais máis os doutros homes, tamén fusilados naquel momento.
O 17 de agosto do 2012, se fixou a homenaxe aos fusilados e enterrados en Vilarmaior en setembro do 1936, noticia que saiu en : "La Voz de Galicia".
A parte de Manuel Varela González, membro do concello de Vilarmaior e esquerdista, tamén están os restos do ebanista Xosé Rodríguez Braxe, coñecido como " Luxo " en Cabanas, fusilado o 15 de stembro de 1936, catro días máis tarde do fusilamento de Manuel Varela González. Atopáronse tamén os restos de Joaquín Rodríguez Rodríguez, comerciante e representante de máquinas de escribir, que foi buscado polos seus netos.





Aqui vos deixo un video, onde a partir do minuto 14:00, se escoita a historia de Manuel Varela González. Sendo a filla, a señora do medio, a avoa dos meus primos, e a outra señora, a sobrina do home, a curmá da filla.









Aquí temos un video onde se ven imaxies sobre a investigacion arqueoloxica e o descubrimento dos restos mortais dos homes fusilados e enterrados baixo terra neste cemiterio de Vilarmaior.







Como os falanxistas puideron acabar coas suas vidas simplemente polo feito de que estes homes apoiaran os principios liberais, defenderan ás clases populares e pensaran libremente e de diferente modo?
Cada vez, doume máis e máis conta da insensatez, da locura, do sin sentido, do absurdo, das inxustizas, da impasibilidade, levada a cabo no réxime franquista.
Eles, mataraon, fusilaron, torturaron, encarcearon, separaron a millóns de familias da clase popular.
Iso é o peor de todo, pero non nos olvidemos que nos tiveron enganados. Os restos non foron descubertos ata 75 anos máis tarde.
E venderon unha España ficticia, inexistente. Ocultanto todos estes tipos de miserias e sacrilegios.

Ponte na situación.
Ves morrer ao teu pai fusilado por homes asasinos e malvados.
Que é o que fas?
Quizais non serias quen de reaccionar, pero o odio, digoche eu, que o sentes.
O sento, pero iso é o que sinto eu.
Asco e repugnancia.

Polo menos agora temos a liberdade de expresión e de pensamento.
Que pasaría se volvera o pasado?
Volveriannos a matar os falanxistas, como fixeron con estes homes?
A nosa vida acabaria con dous balas de fusil na cabeza?
PENSADE.  Ningúen quere isto. De que sirve ser FALANXISTA?




No hay comentarios:

Publicar un comentario