Páginas vistas en total

15 may. 2013

Mulleres republicanas vs mulleres franquistas

Na Guerra Civil houbo dous bandos enfrentados que continuaron durante os primeiros anos dos cuarenta. Nos libros sempre tivemos que estudar aos políticos, aos homes, que levaron a cabo toda esta revolta. Pero que é das mulleres? Elas tamén foron quen de pensar por si mesmas, pero aun estaban nun segundo plano. Aínda así, no ano 1931 deuse un pequeno paso: o dereito ao voto femenino. Todo o que sabemos foi realizado polos homes, asi foi a época franquista en España. Implantáronse unha serie de obrigacións que non se podia saltar ninguén e quen o fixera, tería graves problemas. Durante a Guerra Civil, os republicanos defendian a morte os seus ideais e alzaban o puño, como simbolo do comunismo. Mentres, os falanxistas soñaban cun réxime conservador que acabara con toda aquela Masonería e Comunismo, con toda aquela anarquía, que eles dicía que había, cando tan sequera, os republicanos querían a liberdade. Como en todos os bandos, habia grupos mas radicais ca outros e estaban a favor das revolucións, ainda asi, hai que ter en conta que houbo grupos pacíficos que loitaban polos seus dereitos e ideas. As mulleres republicanas, tiñan un concepto da vida moi diferente ás mulleres conservadoras, ás que pasados uns anos serian fieis ao réxime franquista. As republicanas loitaban pola igualdade, non crian que o home fose superior a elas e tamén desexaban unha formación. Tiñan interese en aprender, en ter cultura e avanzar cara unha sociedade mellor e libre. Polo contrario, ás mulleres conservadoras, dedicábanse exclusivamente a atender ao seu home, aos fillos e a dedicarse ás tarefas do fogar. Eran católicas practicantes, o cal se veia nas escuelas, onde era obrigatorio dicir ao entrar na clase: - Ave María Purísima. - pedía permiso a alumna. - Sen pecado concebido. - respondía a profesora. Despois do ano 39, cando o xeneral Franco tomou gran parte de España, aínda seguiron republicanos, máis outros marcharon. Os que quedaron tiveron que ser moi valentes, quizais tiñan medo de que os fusilaran, pero por enriba de todo, non ian deixar que os franquistas lles quitaran o que era parte de eles, a súa mentalidade. Lles quitarian a vida, pero non a liberdade. Nesta curta podemos ver como as mulleres dos respectivos bandos afrontan a vida da época. Pódesde observar o himno republicano ao principio, xunto coa bandeira. E por outro lado, pódese ver a bandeira franquista xunto co famoso: " Cara el sol " e unha canción chamada: " Arriba España " cantada polos italianos durante a Guerra Civil española. 

 Reflexionade sobre o video. Se vos estiverades nesa época, de que bando seriades? Un baixo a obrigatoriedade do catolicismo, do alzamento da mán, xa que como non o fixeras, te tachaban de " rojo " e directamente eras detido e, moi seguramente, fusilado. Prefires facer o establecido, cumprir as normas que suprimen toda liberdade? Basearse exclusivamente no exército, na familia e no catolicismo? Diseñando un mundo de rutina, hastío...coma se fora un bucle, un circulo pechado, do que mais sairiamos? Onde as historias sempre se repiten? Nun mundo dunha NON-EVOLUCIÓN ? Pensade que moitos de vos, se o réxime franquista seguirá en pé, non estriades aqui. Simplemente por non estar de acordo en todo o establecido. Quen suprime a liberdade dalguén, non é digno de servir na política. A política é un mundo complexo, onde ainda hoxe, non se conseguiron espléndidos cambios. Pero na política SE DEBE de prometer o que quere o pobo: A LIBERDADE. Eu si volvera ao pasado, e fora unha desas mulleres, SEN DÚBIDA ALGUNHA, NON SERÍA UNHA MULLER FRANQUISTA. Loitaría pola liberdade.




Curta realizada por mín.