Vistas de página en total

28 nov 2012

Liberdade e igualdade: utopía


Vouvos contar unha historia que teño oido dende hai moito tempo. 
É a historia da liberdade:

- Eu son a nena. A primeira nena de tódalas nenas e a única. Os meus pais non sei de onde sairon, pero ata agora, non coñezo a ninguén da miña idade.  Vivimos nun poboado cerca dun río. Tódolos demáis son máis maiores, e as mulleres teñen barrigas, de onde non paran de sair pequenas criaturas parecidas a nós. Penso que son maior ca eles, pero non sei canto. En realidade non sei cantos anos teño, porque non contamos os dias, nin as horas, nin nada. Nin sequera falamos. Asi que imaxinade, que eu non existo. Por qué así é. Quizais, so quizais, sexa froito da túa imaxinación. Eu soamente veño a contarvos, a vós, que sodes os meus descendentes galegos, como é a miña vida,  máis ben, o pouco que sei dela. 
Porque situar, moito non me sitúo. Eso sí, orientamonos grazas á natureza, ao sol e aos deuses. Aínda así, coñezo moi ben as tarefas que levamos acabo todos os dias. Pásome o dia recollendo froitos silvestres e axudo á miña nai coas actividades da agricultura e da gandeiría. Como a fabricación dos primeiros texidos feitos de lino e lana. Ou a creacción do arado, a foz, ou molino de man para moler os cereais, como o centeno. E cultivamos o trigo e a cebada. Tamén domesticamos a algúns animais como o asno ou o cabalo. 
Vivo nun cobertizo, feito de palla, follas e madeira, xa que estamos nun sitio fixo e estable, polo que somos sedentarios, a diferenza da era anterior; o Mesolítico. Con nós aparece a metalurxia, onde destacan os homes, e as mulleres na cerámica.
Se vos digo a verdade, é que actuamos por instintos, a verdade é que nin pensamos. Somos ignorantes e non temos cultura. Pero nós, somos os creadores dos principios da cultura, do principio dos tempos. Simplemente, buscamos a maneira de sobrevivir. O maior obxectivo, é a vida, e as veces resulta dificil por que pode haber malas colleitas. Pero aínda así, realizamos ritos aos deuses para que non nos falte a boa sorte, pero sobre todo, para coñecer o mundo do máis alá, o mundo dos mortos.
Cando un dos nosos morre, cremos na reencarnación. Por eso realizamos rituais relacionados co sangue, para que volva a nacer noutro mundo e non soamente finalicen esta vida. Construimos mámoas e ali enterramos aos defuntos.
Nós, non estamos obrigados a nada, soamente preocúpanos vivir. Se facemos algo mal, ninguén nos vai dicir nada, xa que ninguén razoa.
O único ao que tememos é que os deuses nos ataquen a través dos fénomenos naturais. E todo o que encontramos, experimentámolo, xa que non temos coñecemento algún. E somos aficionados á conexión co máis alá, a través de elementos da natureza, coma algunhas plantas que presentan un camiño ou via sobrenatural, que nos achega ao mundo dos mortos e deuses.

Pero esta forma de vida, é a da liberdade completa e absoluta. Sen normas e sen leis, sen gobernos, sen ideoloxias, sen sistemas, sen autoridades. Sendo todos iguais, ninguén por enriba de ninguén. Sen cartos, que é o que move o mundo e o creador de moitos problemas. Sen guerras entre relixións. Sen contaminación, sen prexuizos ou ordes. Sen problemas ou preocupacións, sen horarios, sen deberes. Soa e exclusivamente a felicidade de vivir o momento. De vivir na natureza, coma un verdadeiro hippie.

Gustariavos non ter preocupacións? Soamente vivir para comer, para manter relacións sexuais, e para alcanzar un estado pleno, a través das drogas?...Pensadeo, é unha boa vida. Unha moi boa.

Contacto co máis alá.


Unha presentación do Prezi: