Vistas de página en total

13 ene 2013


Vos acordades do ano 2002? Dun mes de setembro? Moitos chegariades a casa do traballo ou do colexio e veriades pola televisión ou escoitariades pola radio aquela noticia, que tanto nos involucraba a nós; ós galegos. Alguns de vos, o lembraredes perfectamente. Outros, en cambio, os mais pequenos, quizais recordaredes un "verán negro" de 2003, nas praias de Galicia. As costas galegas estaban recubertas por un vertido chamado chapapote. Todo isto provocou un grave problema ecoloxico, producido por un
petroleiro: o "Prestige". Pero todo o seu prestixio afundiuse a 52 km de Finisterre o 19 de Novembro; seis dias mais tarde de ser acadado por un temporal e de sufrir unha vía de auga. O chapapote derramado; petróleo soltado de maneira ilegal polos barcos hacia a costa, cubriu toda a costa galega chegando ata Asturias, Cantabria e parte do País Vasco, o Sur de Francia e o Norte de Portugal.
O "Prestige" foi acompañado en todo momento por unha fragata chamada "Andalucía", encargada de impedir o paso aos buques sospeitsos de representar un peligro medioambiental.
Dende esta fragata, poderemos ver unhas fotografías que amosan o afundimento do Prestige. Pero antes, veremos como a fragata "Andalucía" decatouse de que algo problema lle estaba acontecendo ao "Prestige":







Fotografias inéditas da fragata "Andalucia" realizadas por un coñecido da familia que viaxaba nela, e que viviu en primeria persoa o proceso de afundimento do "Prestige". 
 Imaxes retocadas polo programa Picasa. 

O "PRESTIGE"


O "COESS" e o "Alonso de Chaves BS-11" participaron no rescate da tripulación.




Tamén contaron coa axuda dun helicóptero para o rescate.


Máis tarde, o barco comezou a afundirse. Mentres que o petróleo bañaba as augas occeánicas...



















Cando todo isto, chegou ao nosos oídos, os galegos; os principais afectados, temiamos o peor...


image


Animais sen vida, 
praias ennegrecidas, 
cubertas pola nosa rabia
e pola nosa dor.

Este feito conleva a manifestacións contra o goberno. Miles de galegos estiveron indignados con esta insensatez producida por un descuido que conlevaria ao perxuizo do medio ambiente, das costas galegas e dos seres vivos que habitaban nela. 
Tal e como o meu blog se titula: NUNCA MÁIS, os galegos unidos máis ca nunca, concienciados de limpar as praias e as zonas afectadas, reinvidicamos os nosos dereitos e nos opuximos ao goberno do Partido Popular: xa que Mariano Rajoy comenta que nas nosas costas galegas simplemente hai uns "hilillos" negros...

Canta insensatez xunta non creedes? Esta catástrofe medioambiental tocounos a nos, e eles...os que gobernaban naquel momento simplemente estaban alleos á realidade. Canta ignorancia temos no poder.
Nisto equivocaronse de cheo, como nos fiaremos deles? Cando?...
NUNCA.
Porque pasado isto, non sei que será o próximo...ainda asi, cheos de rabia e rencor loitamos polo noso.
Conseguimos limpar as praias despois de moito esforzo e suor, pero o logramos.
Nin o goberno do PP pode nin poderá connosco.
Porque os galegos levamos moito tempo tendo dentro de nos, unha especie de caparazón producida pola desconformidade e pola inxustiza, iso chámase...
Rebeldía Galega.