Vistas de página en total

19 may 2013

Obrigas da muller.


Aquí vos ensino dous videos onde podedes ver as tarefas que levaba a cabo a muller nos anos 60.
O primeiro é un NODO típico sobre que é o que ten que facer a muller.
E o segundo, o representa mediante fotografías.

As mulleres daquela época, dedicábanse exclusivamente á casa e ao campo, no caso das que tiveran terras ou cultivos.
Dende xa tempraniño, tiñan feitas as camas, para poñerse xa na cociña e preparar a comida para toda a familia. Tamén se encargaban de peinar e arreglar aos fillos. E por supuesto, tiña que telos preparados e guapos para cando o home regresara do traballo.
Ao chegar, poñíalle as zapatillas, e se aseguraba de que nada ou ninguén fixera ruído. Polo que apaga os electrodomésticos, que non todas as familias tiñan, para que o seu marido estivera no paraíso. Sen olvidarse de preparlle unha bebida quente coa súa millor vaixela.
Limpaba as cousas da casa ata sarcarlles brillo, tanto, que relucían.
Outras tarefas da muller consístían en bordar, sair a comprar os alimentos, e decorar a casa, para que estivera perfecta.
Pero básicamente, a muller pasábase o día cociñando e preparando excelentes platos para a familia.

Isto non quere dicir que todas as mulleres seguiran estrictamente estas regras, pero era o que "aconsellaba", máis ben, obrigaba, o NO-DO de Francisco Franco, na España do réxime.









Videos realizados por min.
Realización da voz no primeiro vídeo e das fotografías no segundo.


1 comentario:

  1. Parabéns por o traballo, de seguro de gran utilidade nas aulas

    http://www.youtube.com/watch?v=uSfZaG1n-v8

    ResponderEliminar