Vistas de página en total

15 may 2013

Mulleres republicanas vs mulleres franquistas

Na Guerra Civil houbo dous bandos enfrentados que continuaron durante os primeiros anos dos cuarenta. Nos libros sempre tivemos que estudar aos políticos, aos homes, que levaron a cabo toda esta revolta. Pero que é das mulleres? Elas tamén foron quen de pensar por si mesmas, pero aun estaban nun segundo plano. Aínda así, no ano 1931 deuse un pequeno paso: o dereito ao voto femenino. Todo o que sabemos foi realizado polos homes, asi foi a época franquista en España. Implantáronse unha serie de obrigacións que non se podia saltar ninguén e quen o fixera, tería graves problemas. Durante a Guerra Civil, os republicanos defendian a morte os seus ideais e alzaban o puño, como simbolo do comunismo. Mentres, os falanxistas soñaban cun réxime conservador que acabara con toda aquela Masonería e Comunismo, con toda aquela anarquía, que eles dicía que había, cando tan sequera, os republicanos querían a liberdade. Como en todos os bandos, habia grupos mas radicais ca outros e estaban a favor das revolucións, ainda asi, hai que ter en conta que houbo grupos pacíficos que loitaban polos seus dereitos e ideas. As mulleres republicanas, tiñan un concepto da vida moi diferente ás mulleres conservadoras, ás que pasados uns anos serian fieis ao réxime franquista. As republicanas loitaban pola igualdade, non crian que o home fose superior a elas e tamén desexaban unha formación. Tiñan interese en aprender, en ter cultura e avanzar cara unha sociedade mellor e libre. Polo contrario, ás mulleres conservadoras, dedicábanse exclusivamente a atender ao seu home, aos fillos e a dedicarse ás tarefas do fogar. Eran católicas practicantes, o cal se veia nas escuelas, onde era obrigatorio dicir ao entrar na clase: - Ave María Purísima. - pedía permiso a alumna. - Sen pecado concebido. - respondía a profesora. Despois do ano 39, cando o xeneral Franco tomou gran parte de España, aínda seguiron republicanos, máis outros marcharon. Os que quedaron tiveron que ser moi valentes, quizais tiñan medo de que os fusilaran, pero por enriba de todo, non ian deixar que os franquistas lles quitaran o que era parte de eles, a súa mentalidade. Lles quitarian a vida, pero non a liberdade. Nesta curta podemos ver como as mulleres dos respectivos bandos afrontan a vida da época. Pódesde observar o himno republicano ao principio, xunto coa bandeira. E por outro lado, pódese ver a bandeira franquista xunto co famoso: " Cara el sol " e unha canción chamada: " Arriba España " cantada polos italianos durante a Guerra Civil española. 

 Reflexionade sobre o video. Se vos estiverades nesa época, de que bando seriades? Un baixo a obrigatoriedade do catolicismo, do alzamento da mán, xa que como non o fixeras, te tachaban de " rojo " e directamente eras detido e, moi seguramente, fusilado. Prefires facer o establecido, cumprir as normas que suprimen toda liberdade? Basearse exclusivamente no exército, na familia e no catolicismo? Diseñando un mundo de rutina, hastío...coma se fora un bucle, un circulo pechado, do que mais sairiamos? Onde as historias sempre se repiten? Nun mundo dunha NON-EVOLUCIÓN ? Pensade que moitos de vos, se o réxime franquista seguirá en pé, non estriades aqui. Simplemente por non estar de acordo en todo o establecido. Quen suprime a liberdade dalguén, non é digno de servir na política. A política é un mundo complexo, onde ainda hoxe, non se conseguiron espléndidos cambios. Pero na política SE DEBE de prometer o que quere o pobo: A LIBERDADE. Eu si volvera ao pasado, e fora unha desas mulleres, SEN DÚBIDA ALGUNHA, NON SERÍA UNHA MULLER FRANQUISTA. Loitaría pola liberdade.




Curta realizada por mín.


31 mar 2013

Rock Galego.

Como podedes ver, na música galega destacan moitos artistas. Especialmente os do ámbito do rock, xa que quizaís na época dos oitenta e dos noventa era o que máis se estaba a escoitar.
Tamén foi unha forma de reivindicar os ideais a través las letras. 
Ou moitos deles, simplemente destacaban por ser orixinais ou cañeros.
Algúns crearon as súas propias cancións e se volveron famosos, outros son coñecidos en Galicia por versionar a outros grupos. 
Pero a gran maioría somos a xuventude. A xuventude que se interesa por este tipo de arte, a música. Que versionamos e creamos.

  • Grupos galegos coñecidos a nivel nacional:



Heredeiros da Crus - Frenaso no Calsonsillo

Grupo formado en A Coruña. Nado no 1992.


Pincha aqui para ver unha entrevista a Heredeiros da Crus




Siniestro Total - Bailaré sobre tu tumba 





Siniestro Total - Alaska

Grupo formado en Vigo. Nado no 1981.






Los Suaves - Dolores se llamaba L
ola

Grupo formado en Ourense. Nado nos '80.





  • Grupos coñecidos en Galicia que versionan grupos : 



Mongollica - Blackened



Grupo de Ferrol que versiona a Metallica. Nado no 2002.











Aquí un exemplo de como a xuventude versiona grupos a nivel de Galicia, nacionais e internacionais.


Elisa


Miña terra galega - Siniestro Total





Sair correndo - Amaral





Moriría por vos - Amaral





Mercedes Benz - Janis Joplin






Os últimos catro videos están grabados por min.




30 mar 2013

Pintura Galega.

Arte? Quizáis.
Dependendo de para quén.
Pra min, é un modo de relaxación e de expresar moitas das ideas que podo ter na mente.
Considero que a cultura galega, se crea a partir de nós mesmos. Sendo tamén necesario coñecer a moitos dos artistas galegos. Todo isto é un proceso lento, pero sobre todo, de moito interés pola adquisición de novos coñecementos.

Como podedes ver, todo o relacionado coa cultura o levo ás miñas máns, porque eu pretendo ser parte dela. Asi que, aqui vos deixo cun video sobre unha pintura que fixemos unha amiga, que xa coñecederedes por sair coma actriz nalgúns dos meus curtos, e mais eu.
Espero que vos guste e que poñades en práctica as vosas ideas sobre calqueira tipo de material, sexa nas paredes, nunha folla de papel, sobre un instrumento ou organizar imaxes para facer un video.
O importante é facelo. Porque con iso aportas maís da túa cultura, da túa vida, á cultura xeral; á de todos, que é a cultura galega. 








29 mar 2013

Fotografia Galega.


Eu quero rarezas, 
orixinalidade, 
cousas extrañas, 
pesadelos.
Quero crear, innovar. 
Sexa a través da fotografía, 
da poesía
ou da música. 
Dáme igual. Pero quero creatividade.
Xa que é a forma máis cercana de interpretar a vida.






A túa vida.



O tic-tac da agulla
marca os segundos vividos.
Son os pasos da vida,
os momentos efímeros.
E sempre escapan,
coma a area entre os dedos,
brancos e finos.



Cada noite.
O mesmo pesadelo.
Os meus sonos sempre espertan,
espertan entre o caos e o medo.




Reluce na escuridade 
o brillo extraño do enigmático reloxo.
Creando confusión no tempo

o cal non camiña,
axiña escurrese, 
coma a túa vida.




Cada noite.
O mesmo pesadelo.
Os meus sonos sempre espertan,
espertan entre o caos e o medo.






Presenciade a locura:





Fotografías realizadas por min e presentadas nunha diapositiva.





Os Galegos somos parte da cultura.





28 mar 2013

Unha curta do cinema galego.


Cantas veces fuchedes mirar cara o exterior? Sen decatarvos do que tiñades dentro. Credes que a orixinalidade e o misterioso, so se atopa fora, no extranxeiro? Estades a errar.
cinema galego como calqueira outro, posúe e ofrece distintas temáticas.

Non podemos pecharnos ás novas oportunidades que nos brinda a cultura galega. Temos que concienciarnos de que en todo, sempre haberá algo bó e algo malo. E o que non podemos facer e tachar ou xuzgar sen coñecer. Na multimedia galega, atopamos unha gran variedade de filmes ou curtos.

Aqui vos presento unha creacción que, quizais poderiades ver noutro tipo de curtos extranxeiros, a cal non é para todos os gustos. Sen embargo, isto é o que temos que facer:
crear e innovar sen preocupar do que dirán.

Neste caso, veredes o "Diario dunha cocainómana", para amosar que isto non so ocorre fóra, senon que está ao noso arredor.
Con todo, quero representar que temos que decatarnos do que temos aquí, a cultura, a vida. E que non nos podemos aferrar ao extraño, ao que non coñecemos ben.









Curta realizado por min.

2 mar 2013

Fuxir da autodestrucción.

As persoas cremos que somos libres, pero poderiamos compararnos cunha pequena bolvoreta nun frasco de cristal.
Buscamos sair dunha sociedade onde todo o que nos rodea nos aparta do auténtico do mundo, da natureza, do que sempre estivo ahi. Destruimos o mundo o nos estamos destruindo nos mesmos?













Video e fotos realizadas por mi e retocadas no programa Picassa.

Edificacións en praia.

Quizais o que mais ansiamos é isto, mirar hacia o mar, tranquilos, sen preocupacións. E imaxinar, soñar.Sen ter prisa, sen nada que nos agobie. O mellor dos sonos seria vivir aqui sempre.
En Galicia temos praias donde poder facer isto, por exemplo Valdoviño.
Pincha aquí para ver a xeolocalización.

Pero nos decatamos do que nos rodea e aqui se pode ver como se destroza a paisaxe por culpa das edificacions que se construen tan preto do mar. A isto se lle chama turistificación. 








Video realizado por mi.