Vistas de página en total

2 mar 2013

Fuxir da autodestrucción.

As persoas cremos que somos libres, pero poderiamos compararnos cunha pequena bolvoreta nun frasco de cristal.
Buscamos sair dunha sociedade onde todo o que nos rodea nos aparta do auténtico do mundo, da natureza, do que sempre estivo ahi. Destruimos o mundo o nos estamos destruindo nos mesmos?













Video e fotos realizadas por mi e retocadas no programa Picassa.

Edificacións en praia.

Quizais o que mais ansiamos é isto, mirar hacia o mar, tranquilos, sen preocupacións. E imaxinar, soñar.Sen ter prisa, sen nada que nos agobie. O mellor dos sonos seria vivir aqui sempre.
En Galicia temos praias donde poder facer isto, por exemplo Valdoviño.
Pincha aquí para ver a xeolocalización.

Pero nos decatamos do que nos rodea e aqui se pode ver como se destroza a paisaxe por culpa das edificacions que se construen tan preto do mar. A isto se lle chama turistificación. 








Video realizado por mi.



Porto en perigo.

É relaxante pararse a contemplar o que hai ao teu arredor, sentado nun banco ou tumbado no campo, mentres que os raios do sol che quentan o corpo.
Pero as veces non es consciente do que realmente pasa preto de ti, e que non todo é tan limpo como ti o ves, ou non é natural.
Por exemplo a ría de Ferrol, como se pode ver no porto, ten suciedadae ou contaminación, por culpa dos verquidos que se botan alí.
Pincha aquí para ver a xeolocalización.











Podemos ver residuos na ría de Ferrol como colillas, latas ou papeis. Pero o que máis forza lle da ao feismo e perigo á nosa ría son as dúas torres da planta de Reganosa.

Moita poboación está en contra de que se edificarán tan preto de nos e se manifestan a través das pintadas nas rúas: 



Ferrol Vello.

Mesmo no centro vello de Ferrol, atopamos casas que, dende moito tempo, están deshabitadas. Pode que sexa polo desemprego ou pola crise, que non decidan derribalas e construir outras novas, xa que non hai cartos para facelo. Quizais o concello prefire deixar isto asi, mostrandoo como o casco vello da cidade, en vez de deixar unha zona sen absolutamente nada.
Pero isto é o que temos:
















                                      


Fotos realizadas por mi e retocadas no programa Picassa.

Que dicides agora da vosa cidade? 
A xente a pinta moi ben, pero que é de todo isto?
Dentro duns anos as nosas casas pode que cheguen a estar asi?
Quen sabe...pero de verdade que esto representa o término "feismo" da nosa Galicia.



27 ene 2013

Evolución rebelde.


La Rebeldía Gallega enfocada como la evolución que ha logrado alcanzar la mujer con respecto al hombre.


En cuanto a personajes femeninos se refiere, he querido destacar a:

Concepción Arenal, una rebelde liberal ferrolana que se reveló en contra de las injusticias que sufrían las mujeres en el siglo XIX.        


También Emilia Pardo Bazán, una escritora coruñesa que presenta el despertar de la conciencia femenina.          


Y por supuesto, otra escritora como Rosalía de Castro, que muestra en sus obras la lucha por el respeto mutuo entre hombre y mujer.


Sin olvidarse de Aurora Rodriguez Carballeira, ferrolana que quiso educar a su hija Hildegart en las bases del socialismo, en provecho de la causa liberadora de la mujer. Consiguió que su hija tuviera unos ideales liberales y progresistas, aunque se trataban de socialismos utópicos. Aún asi, Hidelgart con tan solo 16 años, estudiaba 5 idiomas y ya tenia una carrera. Pero cuando Hidelgart, la verdadera estrella de la historia, se enamoró de un chico, la madre, enfurecida por desviarse de lo que ella tenia previsto para la vida de su hija, la apuñaló mientras dormía.



    ENTREVISTA

    ¿Cómo crees que ha conseguido la mujer,
     alcanzar la misma igualdad que el hombre?




    Opinión de Elisa






    Opinión de Estefi


    Vosotros que opinais sobre la igualdad que tiene la mujer?
    Como la ha conseguido?
    Gracias a que?
    ...




    POR OTRA PARTE...
     Por eso, en este video hemos querido interpretar, de una manera muy sencilla, los diferentes tipos de matrimonio. El primero, un matrimonio conservador, donde predomina el machismo y donde la mujer se dedica a las tareas del hogar, mientras que el hombre trabaja. Y por otro lado, un matrimonio o convivencia de pareja, donde la mujer va a la universidad y a la biblioteca, ya que se ha conseguido el derecho al estudio y donde el hombre realiza tareas del hogar. Se puede ver como, durante estos años, se han intercambiado los papeles entres hombre y mujer.




    No se ha tratado de una manifestación en la que se reivindicaran
    los derechos de igualdad, sino que, a través de la mujer, se ha dado 
    el paso hacia una nueva forma de vida. Gracias a todas aquellas mujeres
    que han aportado un granito de arena, la igualdad se ha equilibrado entre 
    hombre y  mujer. Y se han llevado a cabo hechos que nunca antes, 
    nadie se ha atrevido a llevar.

    23 ene 2013

    Memorias históricas.

      Esta historia conta, como un grupo de galegos obreiros, a clase proletariada, ou clase traballadora se revela contra os altos cargos da sociedades. Fora as lendas dunha Galicia sumisa. A rebeldía e o manifesto son a solución para amosar a nosa desconformidade con respecto a todalas inxustizas.
    Os rebeldes fomos, somos e seremos a excepción que confirma a regra. Adeus convencionalismos, tradicionalismos, conservadurimos. Adeus dereita.




    Vouvos contar un relato sobre unha historia moi cercana; o que lles aconteceu aos meus bisavós e ao meu tataravó na Galicia de principios do século XX, é dicir, sobre o 1905. Eles vivian en Coia, Vigo, e eran unha familia humilde, unida, e moi traballadora. Que día si, e noite tamén, adicabanse ao cultivo das terras dos señores caciques. A historia centrase, concretamente, no meu tataravó, no seu fillo; meu bisavó e na noiva deste, a miña bisavoa.


    O tataravó tiña ao redor duns 70 anos; moitos para aquela época onde as menciñas non se dispoñian tan fácilmente coma hoxe en dia. E a maioría da xente pensaba que a súa morte estaba por chegar; crian que cunhas altas febres, pronto ian morrer, e de certo modo, así era. O tataravó vivía tristemente e en continua melancolía, xa que levaba gardando luto máis de 25 anos. Non houbo ningún dia que non lembrara aquel tráxico suceso da morte da súa muller, ao parir aos trillizos, que morreran tamén no acto. E todos, todos os dias, lembra á comadrona dicindo que non puidera facer nada pola súa muller, xa que perdera unha gran cantidade de sangue. A profunda tristeza e rabia, levaas consigo mesmo coma se fosen parte del. Esta dor lle consume dia a dia, a cada paso que da e a cada bocado de aire que respira.

    O bisavó, chamábase Román e xunto cos seus irmáns, o poeta, o cura, e outro que se deu á "boa vida", foron os que sobreviron dos sete fillos que tiveran os seus pais. Pero en realidade, para o tataravó foi como se tivera un único fillo. Foi de feito, o que lle acompañou, en todos os aspectos da vida, dende que é consciente disto. Sobre todo, en traballar as terras, nas que o pai xa non podia dalo todo de si. Desprezaba a idea de que os seus irmáns non se preocuparan de escribirlles, polo menos, para preguntar pola saúde ou polo estado de ánimo do seu pai; quen sempre lle repetía que desexaba que os seus catro fillos levaran o seu propio ataúde cando este morrera.

    Mentres tanto, a noiva do Román; Mar, era a alegría da casa, unha rapaza morena con rasgos exóticos, moi alegre, que intentaba animar a todo o que podia, moi carismática ela, optimista onde has haia. E moi, pero que moi responsable e traballadora. Eso sí, cun gran carácter liberal, e gran loitadora que reivindicaba os seus dereitos cando as inxustizas asomaban polas súas terras. E por suposto, namorada ata a médula de Román. Pero escondia un segredo: estaba embarazada. E ninguén o debería saber, unha, porque fuxiu da casa, cando o seu pai, o cacique, sospeitou de que estaba detrás dalgún dos que lle traballaban as terras. E dúas, porque cos seus vinte anos, fuxira a vivir á casiña de Román e do seu pai, o tataravó. De vez en cando, ia a hurtadillas a ver á súa nai que a protexia e a defendia do pai. E as veces, por culpa disto, a nai levaba algunha que outra, por parte do seu marido, o cacique. A filla odiabao.

    Este home era malo a rabiar, e non tiña compasión ningunha cos que lle traballaban a terra, e menos co tataravó. Odiaba aos nenos, odiaba aos vellos, odiaba ás cousas doces e bonitas, coma os prados e as frores. De feito non habia nada que lle gustara, nada que lle facera sorrir. Quizais, o único que lle facia sentir ben era facer sentir mal aos demais, amosar o seu poder como señor dos foros que era. A súa diversión era observar dende as fiestras do seu pazo, os latifundios onde o vello seguia a traballar, al lado da súa casiña de pedra, matandose por facelo ben, pra que as terras deran boas colleitas. Este agochabase con dificultade pra plantar os legumes e os tubérculos, xa que padecia do lumbago e mais dunha enfermidade dos osos que teñen os maiores. E cando via que non podia mais, parabase un minutiño de nada a descansar, e era eiqui cando o cacique ia xunto del, pra dicirlle:

       - Maldito vello! Estiven observando o que fas nas miñas terras, e que é o que vexo? Nada! Eres un vago, non ves que non sabes facer nada? Nin poñer a semola, nin recollelo froito, nin regar os cultivos...Non ves que cando chegas xa morreu toda a prantación? 
       - Pe-pe-pe-ro señor, estou mal dos ósos...eu traballo e todos o saben...
       - Cala!Ademáis de lento, eres un vello contestón, e tes unha cara de morto enriba...sen ninguén que che quera, nin muller, nin fillos que se preocupen por ti, nin sequera tes can...Estás so. Eres un vello inservible. 
    O vello aguantandolle a mirada, cheo de rabia, intentando conter as lágrimas, baixou a cabeza e mirou fixamente ao chan. Dúas bágoas caeronlle lentamente daqueles ollos que amosaban tanta impotencia ... aqueles ollos feridos de tanta inxustiza.
       - Asi que esta, é a derradeira vez que che aviso, vas ter que darme máis do que tes! Sexan cartos ou sexa comida! Danme igual, pero por traballar as miñas terras merezome moitisimo mais. Non sei como conseguiras seguir vivo con menos que comer. Pero a min iso dame igual! É o teu problema, asi que buscate a vida!
    Mar, agochada detras da porta da casiña, espiou a conversa entre o seu pai; o cacique, e o seu sogro, ao que tanto queria. E decidiu facer algo ao respecto.

    Un dia de tormenta e choiva, cando Mar estaba xa de tres meses, decidiu quedarse a durmir esa noite no medio e medio das terras do seu pai. Á mañá seguinte, envolta nunhas mantas, foi descuberta polos traballadores dos latifundios do seu pai. Estes fixeron un corro arredor dela, observandoa.

    O barullo da xente, despertou ao cacique que, sobresaltado, ergueuse da cama e comezou a dar voces. Acercouse á fiestra e observou aos traballadores das suas terras, nun corrillo arredor de algo, pero non puido ver o que. Polo que decidiu sair a ver que estaba a pasar. A nai, asustada, foi detrás del. Cando saiu do pazo, comezou a berrar sen sentido, polo que todos os demais decataronse da súa presenza. O grupo de xente, temendo a súa reacción, cubriron á moza para que non a vira. Pero el, enfurecido dixo:

       - Panda de impertinentes, quitade de ahi! Que me estades ocultando? 
    Como os traballadores non se movian, o cacique comezou a dar empuxóns, berrando:
       - Quitade de ahí! Fora!
    E de repente, ao conseguir apartar á xente, os seus ollos quedaron fixos na figura dunha moza tirada na terra, que tiña o pelo diante da cara, mollado, revolto, sucio. Estaba tembrando e os seus brazos eran totalmente pálidos. As súas mans, cheas de terra, acercaronse ao cabelo, que foi apartado de diante da cara. Mentres se ia descubrindo a cara, a moza se erguiu...e o cacique, abraiado, dixo:
       - Mar.
    Nese intre, o silencio reinou. Soamente se escoitou o son dos paxaros ao revolotear no ceo, ata que, de súpeto, a rapaza revelouse:
       - Padre. Que nin asi mereces que te chame. Un padre é alguén que sinte, que quere, que ama, que sorie, que fai feliz aos demais. Que coida ao seu e aos seus. Ti non tes sentimentos. Ti causas dor á xente que non o merece, a todos eles, a mamá e a min. Sabes que é o que fago aqui tirada? Estou coidando á terra, estou dandolle o meu calor, estou dando a miña vida por ela, como fan eles. Dia e noite. E non me importa seguir durmindo aqui. Porque isto é meu, e douno todo.
       - Pero volviches tola!? Que fas!? Levanta de ahi! E cala dunha vez! Deixa de dicir barbaridades.
    O padre a colle por un brazo, e tira dela cara el ata que choca co seu ventre e se decata de que está embarazada. A mira e lle da unha labazada, pero ela di:
       - Non me importa que me despreces. Porque sempre haberá moitisimos mais que te desprecen a ti e á xente coma ti. Tedes todas estas terras, pero non son vosas!
       - Si que o son!
       - Traballas nelas? Non. As coidas? Non. Das a túa vida por elas? Tampouco! Eles si o fan, minuto a  minuto. E vas ti, e todos os que son coma ti e lles arrancades todos os seus dereitos! Toda a súa vida! Explotandoos, humillandoos, quitandolles cartos, froitos, comida...Pero o pobo, todos eles, e mais todos os demais revelarémonos. Eu comecei esta noite, pero xa verás. Aqui non vades gañar vos, xa cho digo agora. Vai preparandote...
       - Estás enferma e ainda encima, embarazada dalgún destos! Rebeldes que sodes uns rebeldes! Eso que levas dentro, - dirixindose a Mar- é o diablo! Non é da miña sangue, é de sangue pobre! Nin ti es a miña filla!
       - Vedes? Se non quere a sua filla, a quen vai querer? Como vai querer ás terras?...

    Nese momento, chegou Román correndo a xunto dela, abrazouna como protexendoa e besouna. O tataravó, chegou alí tamén, collo dunha perna e cun bastón.
    O cacique mirounos de reollo a todos, deuse a volta, e marchou cheo de odio. Viu á sua muller, colleuna dun brazo e botoulle a culpa de todo o ocurrido. Ela, separouse del e correu xunto da sua filla e abrazouna. O mundo se volvera na sua contra, pensou o home.

    Moitos dos que non estiveran presentes no enfrontamento, coma Román e o seu pai, e outros traballadores mais, chegaron a xunto de Mar e apoiaronna en todo. Consideraban un gran acto de valentia o manifesto. A cubreron con mantas secas, aseguraronse de que ela e o bebé estaban en boas condicións e decidiron seguir o seu exemplo. Ninguén ata agora, poidera rebelarse contra o cacique. A súa filla foi o primeiro paso da revolta.

    Esta noticia espallouse por todos os alrederoes de Vigo, e esa mesma noite, parte do barrio de Coia, decidiu ocupar as terras do cacique e instalarse nelas para a pasar a noite. O plan foi sinxelo, a golpe de manifesto durante toda a madrugada. Miles e miles de murmullos chegaban aos oidos do cacique. Soamente foi necesaria unha noite para que o cacique, non puidera mais coa situacion. Colleu e desapareceu. Ninguén supo nunca máis nada de el. Moitos dos señores da terras temeron isto e fuxiron.
    Os traballadores tomaron rendas no asunto e, a partir de ahi, decidiron crear as sociedades agrarias e sindicatos, para defender os seus dereitos.



    Coma a persoaxe feminina da historia, Mar, eu, polo menos, seguirei adiante cos meus ideais para loitar polo que quero. Se fai falla, rompendo as normas. So para acadar o que quero: a igualdade.

    13 ene 2013


    Vos acordades do ano 2002? Dun mes de setembro? Moitos chegariades a casa do traballo ou do colexio e veriades pola televisión ou escoitariades pola radio aquela noticia, que tanto nos involucraba a nós; ós galegos. Alguns de vos, o lembraredes perfectamente. Outros, en cambio, os mais pequenos, quizais recordaredes un "verán negro" de 2003, nas praias de Galicia. As costas galegas estaban recubertas por un vertido chamado chapapote. Todo isto provocou un grave problema ecoloxico, producido por un
    petroleiro: o "Prestige". Pero todo o seu prestixio afundiuse a 52 km de Finisterre o 19 de Novembro; seis dias mais tarde de ser acadado por un temporal e de sufrir unha vía de auga. O chapapote derramado; petróleo soltado de maneira ilegal polos barcos hacia a costa, cubriu toda a costa galega chegando ata Asturias, Cantabria e parte do País Vasco, o Sur de Francia e o Norte de Portugal.
    O "Prestige" foi acompañado en todo momento por unha fragata chamada "Andalucía", encargada de impedir o paso aos buques sospeitsos de representar un peligro medioambiental.
    Dende esta fragata, poderemos ver unhas fotografías que amosan o afundimento do Prestige. Pero antes, veremos como a fragata "Andalucía" decatouse de que algo problema lle estaba acontecendo ao "Prestige":







    Fotografias inéditas da fragata "Andalucia" realizadas por un coñecido da familia que viaxaba nela, e que viviu en primeria persoa o proceso de afundimento do "Prestige". 
     Imaxes retocadas polo programa Picasa. 

    O "PRESTIGE"


    O "COESS" e o "Alonso de Chaves BS-11" participaron no rescate da tripulación.




    Tamén contaron coa axuda dun helicóptero para o rescate.


    Máis tarde, o barco comezou a afundirse. Mentres que o petróleo bañaba as augas occeánicas...



















    Cando todo isto, chegou ao nosos oídos, os galegos; os principais afectados, temiamos o peor...


    image


    Animais sen vida, 
    praias ennegrecidas, 
    cubertas pola nosa rabia
    e pola nosa dor.

    Este feito conleva a manifestacións contra o goberno. Miles de galegos estiveron indignados con esta insensatez producida por un descuido que conlevaria ao perxuizo do medio ambiente, das costas galegas e dos seres vivos que habitaban nela. 
    Tal e como o meu blog se titula: NUNCA MÁIS, os galegos unidos máis ca nunca, concienciados de limpar as praias e as zonas afectadas, reinvidicamos os nosos dereitos e nos opuximos ao goberno do Partido Popular: xa que Mariano Rajoy comenta que nas nosas costas galegas simplemente hai uns "hilillos" negros...

    Canta insensatez xunta non creedes? Esta catástrofe medioambiental tocounos a nos, e eles...os que gobernaban naquel momento simplemente estaban alleos á realidade. Canta ignorancia temos no poder.
    Nisto equivocaronse de cheo, como nos fiaremos deles? Cando?...
    NUNCA.
    Porque pasado isto, non sei que será o próximo...ainda asi, cheos de rabia e rencor loitamos polo noso.
    Conseguimos limpar as praias despois de moito esforzo e suor, pero o logramos.
    Nin o goberno do PP pode nin poderá connosco.
    Porque os galegos levamos moito tempo tendo dentro de nos, unha especie de caparazón producida pola desconformidade e pola inxustiza, iso chámase...
    Rebeldía Galega.