Vistas de página en total

28 nov 2012

Liberdade e igualdade: utopía


Vouvos contar unha historia que teño oido dende hai moito tempo. 
É a historia da liberdade:

- Eu son a nena. A primeira nena de tódalas nenas e a única. Os meus pais non sei de onde sairon, pero ata agora, non coñezo a ninguén da miña idade.  Vivimos nun poboado cerca dun río. Tódolos demáis son máis maiores, e as mulleres teñen barrigas, de onde non paran de sair pequenas criaturas parecidas a nós. Penso que son maior ca eles, pero non sei canto. En realidade non sei cantos anos teño, porque non contamos os dias, nin as horas, nin nada. Nin sequera falamos. Asi que imaxinade, que eu non existo. Por qué así é. Quizais, so quizais, sexa froito da túa imaxinación. Eu soamente veño a contarvos, a vós, que sodes os meus descendentes galegos, como é a miña vida,  máis ben, o pouco que sei dela. 
Porque situar, moito non me sitúo. Eso sí, orientamonos grazas á natureza, ao sol e aos deuses. Aínda así, coñezo moi ben as tarefas que levamos acabo todos os dias. Pásome o dia recollendo froitos silvestres e axudo á miña nai coas actividades da agricultura e da gandeiría. Como a fabricación dos primeiros texidos feitos de lino e lana. Ou a creacción do arado, a foz, ou molino de man para moler os cereais, como o centeno. E cultivamos o trigo e a cebada. Tamén domesticamos a algúns animais como o asno ou o cabalo. 
Vivo nun cobertizo, feito de palla, follas e madeira, xa que estamos nun sitio fixo e estable, polo que somos sedentarios, a diferenza da era anterior; o Mesolítico. Con nós aparece a metalurxia, onde destacan os homes, e as mulleres na cerámica.
Se vos digo a verdade, é que actuamos por instintos, a verdade é que nin pensamos. Somos ignorantes e non temos cultura. Pero nós, somos os creadores dos principios da cultura, do principio dos tempos. Simplemente, buscamos a maneira de sobrevivir. O maior obxectivo, é a vida, e as veces resulta dificil por que pode haber malas colleitas. Pero aínda así, realizamos ritos aos deuses para que non nos falte a boa sorte, pero sobre todo, para coñecer o mundo do máis alá, o mundo dos mortos.
Cando un dos nosos morre, cremos na reencarnación. Por eso realizamos rituais relacionados co sangue, para que volva a nacer noutro mundo e non soamente finalicen esta vida. Construimos mámoas e ali enterramos aos defuntos.
Nós, non estamos obrigados a nada, soamente preocúpanos vivir. Se facemos algo mal, ninguén nos vai dicir nada, xa que ninguén razoa.
O único ao que tememos é que os deuses nos ataquen a través dos fénomenos naturais. E todo o que encontramos, experimentámolo, xa que non temos coñecemento algún. E somos aficionados á conexión co máis alá, a través de elementos da natureza, coma algunhas plantas que presentan un camiño ou via sobrenatural, que nos achega ao mundo dos mortos e deuses.

Pero esta forma de vida, é a da liberdade completa e absoluta. Sen normas e sen leis, sen gobernos, sen ideoloxias, sen sistemas, sen autoridades. Sendo todos iguais, ninguén por enriba de ninguén. Sen cartos, que é o que move o mundo e o creador de moitos problemas. Sen guerras entre relixións. Sen contaminación, sen prexuizos ou ordes. Sen problemas ou preocupacións, sen horarios, sen deberes. Soa e exclusivamente a felicidade de vivir o momento. De vivir na natureza, coma un verdadeiro hippie.

Gustariavos non ter preocupacións? Soamente vivir para comer, para manter relacións sexuais, e para alcanzar un estado pleno, a través das drogas?...Pensadeo, é unha boa vida. Unha moi boa.

Contacto co máis alá.


Unha presentación do Prezi:

22 oct 2012

ONDE IMOS PARAR? 
Á MERDA DO PARTIDO POPULAR.



Como ven di o meu blog:

Benvidos, valentes.

Prefiro loitar, 

a quedarme cos brazos cruzados.


- Por que vai isto?
- Por que vai ser? Polo Goberno. A nosa pobre patria ... 
Outra vez, gobernada polo PP. 
- Non vos queixedes - din algúns.
- Qué? Perdón? Como que non nos queixemos? Parece que non es consciente da situación...Recortes ata á gorxa na sanidade. Pareceche normal? 
Os pobres non van poder curarse, non? Xa bastante hai coa crise económica, que imos ter que pagar por TODO. E cando digo todo, é todo. 
Na educación, adeus selectividade, ola reválida, adeus becas, ola paro e ruina. 
Tamén dicirlle adeus ós vosos dereitos. 
Non vedes que imos cara atrás pouco a pouco? Que pasa que os do PP sodes todos ricos? Xa vos afectará e xa vos queixaredes vós, xa...

Non temos que miralo noso futuro? Nós non somos a próxima xeración? Por todo isto e por máis cousas, non vou quedarme parada, como moitisimos de vós, da xuventude.
Polo menos quedame a esperanza de saber que somos moitos, os que vemos este panorama.
Moitos de esquerdas, que fragmentados ou non, estamos ahí. 
É a mala consecuencia disto. Na dereita son uns poucos partidos, e casi todos votan ao mesmo.
Os que o votades, ala vós, estades cegos! Non unicamente nos afecta aos de esquerdas. A vós tamén.



E diredes...vaia, fai un monólogo sola, pero os de dereitas seguro que ben lle contestaban. Se é así como pensades, adiante. 
Eu calada non vou quedar. Porque iso é o que imos facer. Imos seguir protestando, loitando polos nosos dereitos.
E teño a esperanza de que, nas próximas eleccións a xente que nestas non votou, arrepintanse tanto, pero TANTO... Podo chegar a entender que sexan uns inconformistas, por que tal é como está o panorama a moitos se lles quitan as ganas de todo. Pero é que non pode ser así!
SE ESTÁS MAL E CAES, TE LEVANTAS. E SE VOLVES CAER, TE VOLVES A LEVANTAR!
Non te rindes e pasas de todo. 
      EU POLO MENOS, NON ME DOU POR VENCIDA. EU, PREFIRO LOITAR.


100% de los votos escrutados: 41 escaños para el Partido popular,
 18 para el PSdG, 9 para AGE y 7 escaños paar el BNG.
Polo menos se non te da igual que o PP saque maioría absoluta.
Cousa que por certo, non é do todo crible. Por qué?, diredes.
Por que o 70 e pico % dos votos foron para ás esquerdas e os votos en branco.
E SOAMENTE un 20% para o Partido Popular.
Polo que escoitei, a ver si van a estar mal os datos...
Polo menos AGE acadou NOVE ESCAÑOS. Espero que para a próxima, moitisimos de nos teñamos a oportunidade de pertencer a unha alternativa nova. 
QUE AO FINAL SAE MAL? Pois se aprende para a seguinte! Pero ARRISCADE! Que se non o facedes, non ides a ningures.


Pode que como moitos de vós teña rabia, rencor e ese tipo de sentimentos cando queres que un cousa vaia ben. Aínda así, se que moitos de nós ou polo menos eu, cando sexan as proximas eleccións, irei votar, que xa terei a maioria de idade.


A ver si se deixan de tantos recortes, de tanto merda e mais merda e SE REBAIXAN O SOLDO.
Empezade por ahí! Pero xa veredes, coma un día se vai montar unha gorda. 




TEMBLADE, isto NON acaba AQUÍ !







21 oct 2012

Galegos emigrantes.


Que    é     GALICIA    para     mín?


    Galicia, como ven sabedes, é terra de emigrantes dende hai moito tempo atrás.
A migración comezou a finais do século XIX e continuo a principios do XX. 
    Moitos galegos tivemos que marchar a América do Sur e a Europa.
Cando un íase, marchaba con medo e coa inseguridade de non saber si ía volver.
    Seguramente pensaban tal e como Rosalía escribiu:

"Adiós ríos, adiós fontes, adiós regatos pequenos, 
adiós vista dos meus ollos non sei cando nos veremos." 

   
    Aínda hoxe, o problema da emigración é de actualidade. E nos vindeiros anos, seguramente moitos de nós, tamén teremos que marchar. Irnos da nosa terra galega, da terra prometida.
Pero, ¿por qué? 
É unha inxustiza ter que emigrar! É nosa. E deberiamos de te-la posibilidade de ter una vida digna aquí.
     Eiquí un fragmento da canción de Galicia Calidade, que di:


"Es tierra comunista,
llena de artistas emigrantes de Galicia.
Suerte en vuestra vida, 
después de haber partido de la tierra prometida."



      Entre os que emigraron, houbo de todo: campesiños, mariñeiros, labregos, artistas...Iso sí, todos galegos. Os nosos antepasados. Moitos dos nosos. Os nosos bisavós.




     


       Con respeto á música, hai un grupo de Rock Galego formado en 1992, que nos conta a súa forma de ver a emigración a través dunha das súas cancións:

 HEREDEIROS DA CRUS - De Jalisia Ó Estranxeiro.




    Reflicten o medo que tiñan ao marchar en busca dun traballo, sen ter nin un mínimo coñecemento da lingua estranxeira, e sen saber onde ían parar:


Mi madriña, voume da casa. 
Mi madriña, non falo inglés. 
Mi madriña, eu non sei nada.
Mi madriña, ¿onde vou eu?  


Ay, doctor yo tengho miedo
por mi amor y mis pequeños.
Ellos se quedan en casa,
voy a llorar todo el tiempo.





  •    Ter que emigrar por necesidade, tendo a nosa propia terra e un delito. Non hai outro sitio como Galicia. No existen outras paisaxes. Soamente hai que saír de aquí para comprobalo. Nada é tan verde coma nós. Porque...


Nós, somos as FRAGAS DO EUME.





E tamén as ILLAS CÍES.





Galicia é un tesouro. Loitemos pola nosa Terra.




9 oct 2012

República Galega.



Nos tempos que corren, absolutamente todos os temas de conversación, e por tanto, o tema por excelencia, é a decadencia española actual. Que abarca tanto campos económicos, como políticos e sociais. 
Estamos a falar da crise que dende, catro anos case cinco, estamos a vivir. 
Nós, os galegos, os que vivimos en Galicia, sabemos como está o paronama aquí, non sabemos como é no resto de España. Por eso temos que falar dende a nosa propia perspectiva. E deberiamos de centrarnos nos nosos propios problemas para intentar resolvelos. Pero...cómo? Esa é a pregunta.
Moitas veces atopamos na rúa, a coñecidos que falan sobre o seu desemprego, de que teñen que aforrar e que cada vez teñen menos cartos para comprar a comida. Estamos fartos de que os nosos avós se queixen sobre as súas "pensións", se así se lles pode chamar. Fartos de que os nosos pais estén no paro. E moitos de nós, sin saber que camiño escoller para acadar o mellor dos traballos. Teremos que conformarnos con atopar un, aínda que non sexa o desexado ou o que dispoña das mellores condicións laborais. E si é en Galicia, iso xa sería ter sorte, tal e como vai a cousa. Por que non hai dereito a que teñamos que emigrar por necesidade.
Moitos imos ás manifestacións, pero recoñezo que saes de ahí con ganas de máis. Por moito que nos graben ou nos miren, os políticos non nos escoitan. É que a xente, non ve que cada vez imos a peor? Isto está comenzando a parecerse ao século XVIII. Os dereitos conseguidos fai 300 anos, acabarán desaparecendo. Eso sí, que nin se lles ocurra...a liberdade de expresión non, que non nola toquen. Porque no momento que nola arrebaten...de esa...si que non nos imos calar. 
Quen poderá estudar dentro de pouco? Non queremos que Galicia se divida en dúas: a Galicia dos ricos; que é unha minoría, e a outra Galicia. Que espero, que esta, sexa a que loite, a que non se rinda, e a que defenda os nosos dereitos. Eu non pido que todos teñamos a mesma ideoloxía, porque básicamente iso é imposible. Así que, sexas do partido que sexas, deberías mirar polo teu ombligo, o galego, e salvala túa terra, que xa vai sendo hora. 
Cal sería a solución perfecta tanto á situacion española, coma á galega? Ninguén o sabe, así estamos.
Pero eu penso, que moito se podería conseguir empezando polo dereito da igualdade. 
Por que os políticos, a monarquía ou a Igrexa cobran máis ca nós? Ou debería dicir: por que cobran unha burrada de pasta? Acaso non somos todos iguais?...e que esto, sinceramente, repatéame. Por que uns mais e outros menos? Eles o merecen? Pois non. Todo o contrario. 
Todo o mundo debería de ter as mesmas posibilidades e condicións.
Desgraciadamente, moita da xuventude ou da que non é tan xoven, non está concienciada con o que está a pasar, ou co o que vai suceder nos vindeiros anos.
Espero que dalgún modo, se é lendo o meu escrito millor, esperten da ignorancia e que abran os ollos para que vexan o que está a acontecer. 
Porque isto é, unha cousa seria, a vida mesma. É a miña terra galega, pero a túa tamén.