Vistas de página en total

21 oct 2012

Galegos emigrantes.


Que    é     GALICIA    para     mín?


    Galicia, como ven sabedes, é terra de emigrantes dende hai moito tempo atrás.
A migración comezou a finais do século XIX e continuo a principios do XX. 
    Moitos galegos tivemos que marchar a América do Sur e a Europa.
Cando un íase, marchaba con medo e coa inseguridade de non saber si ía volver.
    Seguramente pensaban tal e como Rosalía escribiu:

"Adiós ríos, adiós fontes, adiós regatos pequenos, 
adiós vista dos meus ollos non sei cando nos veremos." 

   
    Aínda hoxe, o problema da emigración é de actualidade. E nos vindeiros anos, seguramente moitos de nós, tamén teremos que marchar. Irnos da nosa terra galega, da terra prometida.
Pero, ¿por qué? 
É unha inxustiza ter que emigrar! É nosa. E deberiamos de te-la posibilidade de ter una vida digna aquí.
     Eiquí un fragmento da canción de Galicia Calidade, que di:


"Es tierra comunista,
llena de artistas emigrantes de Galicia.
Suerte en vuestra vida, 
después de haber partido de la tierra prometida."



      Entre os que emigraron, houbo de todo: campesiños, mariñeiros, labregos, artistas...Iso sí, todos galegos. Os nosos antepasados. Moitos dos nosos. Os nosos bisavós.




     


       Con respeto á música, hai un grupo de Rock Galego formado en 1992, que nos conta a súa forma de ver a emigración a través dunha das súas cancións:

 HEREDEIROS DA CRUS - De Jalisia Ó Estranxeiro.




    Reflicten o medo que tiñan ao marchar en busca dun traballo, sen ter nin un mínimo coñecemento da lingua estranxeira, e sen saber onde ían parar:


Mi madriña, voume da casa. 
Mi madriña, non falo inglés. 
Mi madriña, eu non sei nada.
Mi madriña, ¿onde vou eu?  


Ay, doctor yo tengho miedo
por mi amor y mis pequeños.
Ellos se quedan en casa,
voy a llorar todo el tiempo.





  •    Ter que emigrar por necesidade, tendo a nosa propia terra e un delito. Non hai outro sitio como Galicia. No existen outras paisaxes. Soamente hai que saír de aquí para comprobalo. Nada é tan verde coma nós. Porque...


Nós, somos as FRAGAS DO EUME.





E tamén as ILLAS CÍES.





Galicia é un tesouro. Loitemos pola nosa Terra.




9 oct 2012

República Galega.



Nos tempos que corren, absolutamente todos os temas de conversación, e por tanto, o tema por excelencia, é a decadencia española actual. Que abarca tanto campos económicos, como políticos e sociais. 
Estamos a falar da crise que dende, catro anos case cinco, estamos a vivir. 
Nós, os galegos, os que vivimos en Galicia, sabemos como está o paronama aquí, non sabemos como é no resto de España. Por eso temos que falar dende a nosa propia perspectiva. E deberiamos de centrarnos nos nosos propios problemas para intentar resolvelos. Pero...cómo? Esa é a pregunta.
Moitas veces atopamos na rúa, a coñecidos que falan sobre o seu desemprego, de que teñen que aforrar e que cada vez teñen menos cartos para comprar a comida. Estamos fartos de que os nosos avós se queixen sobre as súas "pensións", se así se lles pode chamar. Fartos de que os nosos pais estén no paro. E moitos de nós, sin saber que camiño escoller para acadar o mellor dos traballos. Teremos que conformarnos con atopar un, aínda que non sexa o desexado ou o que dispoña das mellores condicións laborais. E si é en Galicia, iso xa sería ter sorte, tal e como vai a cousa. Por que non hai dereito a que teñamos que emigrar por necesidade.
Moitos imos ás manifestacións, pero recoñezo que saes de ahí con ganas de máis. Por moito que nos graben ou nos miren, os políticos non nos escoitan. É que a xente, non ve que cada vez imos a peor? Isto está comenzando a parecerse ao século XVIII. Os dereitos conseguidos fai 300 anos, acabarán desaparecendo. Eso sí, que nin se lles ocurra...a liberdade de expresión non, que non nola toquen. Porque no momento que nola arrebaten...de esa...si que non nos imos calar. 
Quen poderá estudar dentro de pouco? Non queremos que Galicia se divida en dúas: a Galicia dos ricos; que é unha minoría, e a outra Galicia. Que espero, que esta, sexa a que loite, a que non se rinda, e a que defenda os nosos dereitos. Eu non pido que todos teñamos a mesma ideoloxía, porque básicamente iso é imposible. Así que, sexas do partido que sexas, deberías mirar polo teu ombligo, o galego, e salvala túa terra, que xa vai sendo hora. 
Cal sería a solución perfecta tanto á situacion española, coma á galega? Ninguén o sabe, así estamos.
Pero eu penso, que moito se podería conseguir empezando polo dereito da igualdade. 
Por que os políticos, a monarquía ou a Igrexa cobran máis ca nós? Ou debería dicir: por que cobran unha burrada de pasta? Acaso non somos todos iguais?...e que esto, sinceramente, repatéame. Por que uns mais e outros menos? Eles o merecen? Pois non. Todo o contrario. 
Todo o mundo debería de ter as mesmas posibilidades e condicións.
Desgraciadamente, moita da xuventude ou da que non é tan xoven, non está concienciada con o que está a pasar, ou co o que vai suceder nos vindeiros anos.
Espero que dalgún modo, se é lendo o meu escrito millor, esperten da ignorancia e que abran os ollos para que vexan o que está a acontecer. 
Porque isto é, unha cousa seria, a vida mesma. É a miña terra galega, pero a túa tamén.